Estamos en época de Nadal e debemos lembrar unha figura mítica de orixe galega olvidada durante anos e recuperada dende hai ben pouco: o Apalpador.
Este persoeiro era un vello carboeiro que vivía nas devesas das altas montañas das terras dos Ancares e O Courel, que na noite do 24 de decembro ía ás aldeas e caladiñamente achegábase ós nenos que estaban durmindo para apalparlles a barriga e comprobar se estaban ben alimentados. Despois agasallábaos cunhas castañas e desexáballes un bo ano cheo de ledicia e comida.
Hoxe é día do Nadal,
día do Noso Señor
ide logo para a camiña
que vai vir o Apalpador.
·············
Hoxe é día do Nadal,
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
·············
Hoxe é día do Nadal,
que haberá gran nevarada,
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
·············
Por aquela cemba,
xa ven relumbrando,
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario