Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

domingo, 22 de febrero de 2015

Felicidade... Ledicias...

As ilusións que nesas palabras se traman, existen nunha suor de falsidade e engano. Emite, por cada poro da súa pel, suor desenfreada, facéndose aínda máis real. A suor enrédase nos corazóns puros das persoas, destruíndo a súa inocencia, destruíndo a súa felicidade. Corren, sen mirar atrás, nun sendeiro sen retorno. Escapan, sen que as súas mentes se decaten, da leda. Nas súas veas, navega un sangue que, por navegar nas veas dun iluso infeliz que cre ser feliz, é o máis derradeiro infeliz. Ou iso cre o sangue. O sangue mécese nun sopor interminable de engano e inconformismo.

Viven inmersos, nun mundo de mentiras e enganos, que se materializan en caixas de cemento, recheas de diñeiro que xamais poderán gastar. Viven inmersos nun mundo onde lles rouban o pouco que poden obter, mais, ámbolos dous, viven nun bucle de ignorancia. Móvense, coma disparos sen retorno, cara ó estupor. A inxustiza zumega en tódolos recunchos. Fai estremecer ó seu contacto, xera un furacán de sentimentos alterados e desconcertados. Esvara o xuízo cando se razoa nisto. Fuximos descontrolados nun bucle de sensacións, da leda, que posuíamos na pureza. As augas do noso océano, cristalinas e sosegadas, repousan nun universo de abandono. Mécense en correntes dunha brisa suave, mécense en ledicias. O océano non coñece máis que a tranquilidade, o sosego e a luz da lúa. Embriagado no seu sopor, bañado nas cataratas da luz luar, que encharcan o seu existir. Pero, aínda enriba diso, é feliz. Na ignorancia, pureza e máis absoluta calma, é feliz. Mentres, o del dono, existe embriagado, na sabia dunha árbore, que supura unha infección fatal, sen retorno. Expándese a grandes velocidades, contaminando todo o que toca, infectando tódolos recunchos. As persoas existen embriagadas nun universo de erros que non deben soportar, mais fano. As súas atentas miradas, observan sen posibilidade de interrupción as vidas dos outros, ignorando a súa, os seus actos. O seu rir basease na infección que descoñecen e, polo tanto, descoñecen ter. Revólvese seu xuízo nunha batalla contra a infección, unha batalla da que non se decatan, que non poden gañar. Viven entre estupideces e falsas ledicias, que se desamorean, en cinzas. Pregúntanse en custións sen resposta, cal foi o seu erro, mais, como non teñen resposta, nunca conseguen acláralo. E, na maior das desgrazas, atópase o océano do seu interior, que descansa na calma do abandono, sen nunca ter uso. Sen nunca ter uso, mais feliz.


JUAN CHRISTIAN RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ – 3º C ESO