Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

sábado, 17 de diciembre de 2011

A cova da serpe

Marco Antonio Álvarez Sánchez de 3º ESO-C achega hoxe ao blog esta lenda e mais unha imaxe. Paga a pena coñecela e visitala.
Grazas Marco.
Lenda
Desta misteriosa cova, e da serpe que alí se di que habitaba hai dúas lendas; aquí só imos a contar unha.
Segundo conta a lenda,No alto do monte da parroquia de San Pedro de Anafreita, no concello de Friol; na cova que alí había,habitaba unha serpe. Era tan longa a serpe, que, deixando o final do rabo na cova; ía beber ó regueiro da aldea de Miraz(a uns 10 km de distancia). Di quen o sabe, que a serpe, ó ir, papaba ás mozas da aldea. Os veciños, xa cansos, pensaron na maneira de acabar coa serpe. O que fixeron foi que, ó ir a serpe a beber, puxeron no camiño unha burra coas alforxas cheas de alquitrán. Ó comela a serpe, quedáronlle as tripas pegadas e morreu.
A día de hoxe aínda se conserva a cova, mais antes; segundo conta a xente dos arredores, podíanse hasta meter dentro os animais. Pero agora non entra nin unha persoa agachada.
Nunha pedra, ó lado da cova hai una inscripción: “A.C. Cova da Serpe”.



1 comentario: