Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

miércoles, 22 de febrero de 2012

Segundo ensaio da Orquestra Sinfónica de Galicia

     O pasado xoves dezanove, o terceiro curso da ESO, do Colexio Sagrado Corazón Franciscanas, tivo a sorte de asistir a este ensaio no que  puideron apreciar as obras: Peere Grynt ” de E. Grieg, “ En un mercado persa “ de Ketelbey, e a última “ Alladin “ de Carl Nielsen ( por un problema técnico no programa, non se representou ).
     O director de dito ensaio é Víctor Pablo Pérez, está considerado un dos mellores directores do noso país. 
     Este ensaio dura aproximadamente unha hora, contando que o director non queira volver a repetir ningún pasaxe.
     A primeira obra, é un drama do escritor noruego Henrik, ven do Nacionalismo Escandinavo, foi escrito en 1867, e a primeira representación en Oslo o 24 de febreiro do 1876, coa música incidental , do compositor tamén noruego E. Grieg. É unha das denominadas danzas árabes máis famosas.
     A segunda obra, está relacionada coa música en Inglaterra. É unha pequena peza da música escrita en 1920, moi popular pola súa forza descritiva e pola fermosa melodía que contén. Con esta obra, Ketelbey, intentou pintar coa música o bulicio dun mercado de Bagdad, e o consegue.

     A terceira obra ( coa que non puidemos deleitarnos ), é unha historia de orixe sirio Das Mil e Unha Noite, unha das máis famosas da cultura occidental.Adam Oehlenschlager escribiu o seu drama Aladddin no 1805.
                                                                                                                   
Paula García Tejedor  -  3º ESO -B   

martes, 14 de febrero de 2012

SAÍDA AO XEO


                O día 16.01.12, os alumnos de 3º curso da ESO do Colexio Sagrado Corazón, Franciscanas fomos patinar á pista de xeo do Coliseum da Coruña.
                A saída estivo organizada, como tódolos anos anteriores, polo profesor de Ed. Física José Cadarso. O obxectivo do profesor e da saída era fomentar o deporte dunha maneira sana, divertida e na compaña dos nosos compañeiros. El e maila profesora de Bioloxía e Física e Química, Cristina, viñeron con nós para cumprir a función de supervisores.

                Nós, xa afeitos á patinaxe sobre xeo dos anos anteriores, desenvolvímonos ben, iso sí, cun pouco de axuda dos deslizadores que estaban por toda a pista. Aínda así, uns fixérono mellor ca outros.

                Patinamos nun tempo estimado dunha hora e cuarto. O tempo transcorreu sen accidentes, á diferenza do ano pasado, no que un rapaz rompeu un brazo.

                Durante o tempo que estivemos na pista, a profesora de Física e Química fixo fotos dos alumnos patinando para telas como recordo.

                Ao final da hora e cuarto, os alumnos deixamos de patinar para ir ás clases.

                Foi una experiencia divertida, na que pasamos un bo rato facendo deporte cos nosos compañeiros, na nosa opinión foi una bonita saída que debería facerse tódolos anos.
Adolfo Villaverde Turnes 3º ESO - A
Denise Suárez Barral 3º ESO - A
Imaxes cedidas por Laura Pazos Rey 3ºESO - C

domingo, 12 de febrero de 2012

A todo porco...

   Ben é certo que polo San Martiño, o 11 do mes de Santos (novembro), nas aldeas adoitan facer a matanza do porco; mais... pódese levar a cabo calquer outro fin de semana despois do 11, sempre e cando vaia moito frío.
   Na aldea de Marco Antonio Álvarez Sánchez de 3ºESO-C mataron tres porcos e, grazas á súa labor de reporteiro, subimos ao noso blog algunhas das imaxes, advertindo por adiantado da dureza dalgunhas delas.
   Ao porco non se lle dá de comer o día anterior, algúns din que sabe que vai morrer e por iso, golpea a porta durante toda a noite ou como outros acostuman a dar a entender: "levántase sete veces para comer ao seu dono".
   Pois ben, como unha imaxe vale máis que mil palabras; aquí está todo o que lle aconteceu ao porco:


 
Cólgase polas patas traseiras o porco.

Antes empregaban o coitelo, agora: méteselle un tiro na testa.




  
Métese en auga fervendo e despois quítaselle a pel e límpase ben coa axuda dun soplete.







Unha vez ben limpo por dentro e lavadas as tripas para enchelas logo cos chourizos, déixase colgado para que enfríe.




Vaise despezando, preparando a cachucha, a sesada, o unto... salgando..











Xa queda lista a carne dos chourizos e todo o necesario para a laconada agora que chega o ENTROIDO.
Grazas a Marco e á súa familia por achegarnos a tradición e o bo facer das nosas xentes; xa nos contaredes máis.