Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

martes, 19 de junio de 2012

"Duelo de titáns"

Da man de Laura Blanco de 3º ESO-A chega hoxe ao noso blog este divertido debuxo dun coello e un cazador.


O cazador, vendo o coello di: " Hoxe a cea vai ser monumental!"
O coello mirando para o cazador, pensa:" Hoxe, unha gorra nova para a colección".
Poñerse no lugar do outro, a realidade vista dende distintos enfoques, o cazador cazado, cada un mirando para o seu... son moitos os temas a debater tralo debuxo.
Grazas Laura polo sorriso e por facernos pensar.

jueves, 7 de junio de 2012

De volta a Santiago

Coma se do noso propio libro de recordos se tratara, o noso blog abre o álbum da visita ás cubertas da Catedral de Santiago para disfrutar destas fermosas fotos tomadas por Marco Antonio Álvarez Sánchez de 3º ESO C. Grazas Marco.











miércoles, 6 de junio de 2012

Atenea e o Centauro

Ás veces, o bulir do día a día permite que teñamos un acougo para saborear un bo libro, unha sutil melodía, unha amena tertulia ou un cadro que nos leve a outros mundos.
Así é o caso deste debuxo feito por Sandra Trigo García de 4º da ESO, inspirado na obra de Botticelli: Palas Atenea e o Centauro.
A riqueza dos detalles, das proporcións; a delicadeza da técnica do pastel... levan a nosa ollada ao tempo no que os deuses que habitaban no Olimpo, xogaban, se cadra con certo capricho, co destino dos homes.

Grazas Sandra, por tan fermoso agasallo, por mimar con detalle o debuxo e por levarnos a paraxes mitolóxicas cheas de imaxinación, seres sobrenaturais, heroes e deuses.

Agora só queda que vos animedes a adentrarvos na maxia dos mitos, que coñezades as historias de Atenea, Minerva para os romanos e outros tantos deuses. Ben seguro que disfrutaredes con elas.