Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

miércoles, 14 de febrero de 2018

O Entroido en Galicia.

                                                      
Como todos sabemos, o Entroido sempre foi unha das maiores festividades celebradas na nosa rexión. Comezou a celebrarse no S. XVIII, e a súa finalidade nesa época non é segura, aínda que se cría que era para despedir os días máis fríos e duros do inverno galego. A pesar de partir dun mesmo punto de orixe, o Entroido foi collendo diferentes derroteiros desembocando nunha variedade moi extensa de costumes e personaxes, onde non podía faltar a gastronomía, común en todas as zonas. Os produtos principais e famosos do entroido son:




FILLOAS                                                                                                            


    





 ORELLAS



        

                               

                                                      

COCIDO                                                            










             




                             O ENTROIDO EN PONTEVEDRA

                       OS “MERDEIROS” DE VIGO

En Vigo a personaxe máis peculiar do Entroido é o Merdeiro. Aínda que estivo durante un longo tempo desparecido, hoxe en día a tradición vaise recuperando pouco a pouco.

                              Ir vestido de merdeiro caracterízase…

Pola imitación dos  escabiches, que eran os campesiños que recollían os restos de peixe ou escabiches e que vaciaban os pozos negros da cidade para abandoar os seus campos. A súa finalidade era incordiar a xente durante a festa do Entroido, restregando indiscriminadamente restos de pescado podre sobre as súas vítimas. O motivo da creación desta figura foi a forte rivalidade entre mariñeiros e labregos.  


                                              O ENTROIDO EN OURENSE



          O entroido en Ourense é unha variedade de festas e tradicións levadas a cabo nas vilas

·         Hoxe en día en Verín o entroido comeza dúas semanas antes do mércores de cinza , onde os rapaces tiran fariña ás rapazas e o xoves de comadres sucede o contrario. O venres , o sábado e o martes de entroido a tradición da fariña convértese nunha batalla campal.

·         En Viana do Bolo o entroido dura tres días, de domingo a martes. O domingo de entroido coincide coas festas do Androllo xunto co desfile do pobo. O martes queiman uns bonecos vestidos de home e de muller cheos de petardos e fogos de artificio. O mércores de cinza enterran á sardiña e dan queimada na praza. 

·         En Vilaverde  o Entroido ten celebración o domigo, o luns e o martes, o luns pola noite e o martes pola tarde son os días máis importantes da festa onde se xuntan todos os do pobo para pasar un boa noite xunto con gaitas, disfraces e bailes.

·         En Forxás das Viñas  o éntroido dura tres días xunto con desfiles e carrozas onde destaca unha das criaturas máis salvaxes, o oso, recuberto de toxos que tratará de investir a todo o que se cruce con el mentres o seu amo trata de dominalo suxeito entre cordas.

                          

                                       

                              O ENTROIDO EN A CORUÑA


Na Coruña, os choqueiros son os protagonistas do entroido. Non é ningún traxe en especial, senón que cada un escolle o seu, o máis ridículo posible, xa que din que o verdadeiro choqueiro non ten reparos nin vergoña. Fanse comparsas, concursos de gastronomía e carrozas, e que non falte a diversión!



                                O ENTROIDO EN LUGO


O concello lucense encarga cada ano a un festeiro ler o pregón de entroido, normalmente desde o balcón do concello, ata que a praza se enche de charangas e música para que a xente baile e o pase ben, que é o principal obxectivo desta festa. A Muralla de Lugo é o centro da festividade, á que acoden os festexeiros, disfrazados ou non, a desfrutar do Entroido.

Unha das celebracións máis sinaladas de Lugo é, precisamente, o mércores de cinza, xa co Entroido oficialmente rematado, é “O enterro da Sardiña”. As rúas inúndanse de música e faise o famoso desfile lucense. Finalmente, o entroido péchase co Ferrete ou discurso final, onde se fai un riguroso reconto das grazas e desfortunas dos gobernantes apousentados na casa do Concello.






Sandra Calvo, Paula Gómez e Vanessa Fernández de 4º ESO.