Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

sábado, 5 de marzo de 2016

Unha tarde de paseo DESASTROSA!

   Era unha tarde de paseo. As beirarrúas estaban case baleiras. Eu ía de tenda en tenda, ollando cara aos escaparates e mercando alguna lambetada cando me viña a fame.
   Tras media hora camiñando, cheguei ao parque. Alí agardaba o meu xefe. Eu non quería ir falar con el, pero obrigárame a miña muller para pedirlle perdón e así non perder o meu traballo. Leveille uns bombóns como agasallo. Dinlle unha aperta e saudeino. Logo, díxenlle:
            -Sinto moito que esquecese poñer o freo do seu coche, pero tamén vostede parece parvo. Para que me deixa o seu deportivo? Para que me di que o aparque á beira do precipicio?
   O meu xefe enfadouse moito.
 Para cando volvín á casa, xa non tiña traballo. O meu xefe despedírame!


Andrés Xabier Cancela Fernández  - 2º C  ESO