Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

jueves, 31 de enero de 2013

MUSEO DO POBO GALEGO




O día 28 de novembro os alumnos de 3º da ESO  fomos visitar a fachada

da catedral de Santiago de Compostela e o Museo do Pobo Galego.

No Museo do Pobo Galego fomos visitar varias salas que trataban de temáticas diferentes pero antes de chegar ás salas temos que subir por unha triple escaleira helicoidal onde nun mesmo oco desenvólvense  tres ramplas independentes, que conducen aos diferentes pisos e só unha delas remata no miradoiro que domina a cidade. Esta escaleira está considerada como un dos elementos singulares de patrimonio arquitectónico de Compostela.


                    

-Na primera sala atópanse os oficios, onde podemos observar que eles representaban un papel fundamental nesa época. O Museo presenta unha ampla variedade: oficios que traballan cos metais, coa madeira, co barro e outros varios e estos oficios son os zoqueiros, os zapateiros, os telleiros, os carpinteiros e moitos máis.
  
-Ao subir unha das escaleiras a dereita atópase a sala do traxe onde podemos ver as distintas vestimentas que utilizaban os homes e as mulleres das épocas anteriores dependendo da súa clase social. E tamén moi coñecido en Galicia  son as labores de encaixe de palillos.

-Ó pasar a sala do traxe atopamos a sala da música onde vemos como se fabricaba anteriormente unha gaita e moitos intrumentos tradicionais que hoxe coñecemos, como a zanfona e o pandeiro. E os bailes máis populares, como a muñeira e outras incorporadas como a xota e onde as bandas de música contribuíron a popularizar melodías xa anosadas no acervo musical, como o pasarrúas e o pasodobre.

-E a última sala que vamos ver e a que trata da sociedade onde podemos visualizar o tipo de vida que tiñan os galegos nesa época como os tipos de casa e a familia, a organización territorial, a propiedade e a herdanza e a produción e o intercambio. Tamén hai nunha furna os traxes que levaban o noivo e a noiva no seu día de vodas , os seus costumes e algo moi interesante como os xoguetes que utilizan os nenos na súa infancia.

                                                             TEXTO: ARIADNA JULIÁN  – 3º ESO  C           
                                                             IMAXES : ALAINA DÍAZ 3º ESO C