Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

martes, 29 de noviembre de 2011

Camiño de Santiago

Hoxe a nosa escapada lévanos ao CAMIÑO DE SANTIAGO.
Toda unha experiencia que paga a pena vivir, cando menos, unha vez na vida; e que trae a milleiros de peregrinos coa idea de abrazar ao Apóstolo, de compartir fatigas e paisaxes, de coñecer a xentes vidas de todo o mundo, de experimentar o reencontro cun mesmo...

Grazas ao Camiño, chegaron a Galicia novas doutros lugares e toda unha corrente de inspiración para as nosas cantigas medievais coa forma de trobar da Provenza, rexión do sur de Francia.




Agradecemos a Fernando Gómez Pais de 3ºESO -C o agasallo  destas fermosas imaxes e a oprtunidade de coñecer paisaxes e ceos aínda por vivir.



Seguir as pegadas cheas de historia; ben sexa a pé, en bicicleta, a cabalo...
Ver as estrelas cando anoitece e seguilas ata Compostela (CAMPUS STELLAE) será, sen dúbida,  unha das mellores experiencias da vosa vida.
Grazas Fernando.

martes, 22 de noviembre de 2011

San Xulián de Mos

Unha nova ETIQUETA comeza hoxe no noso blog, nela atoparás lugares que visitar en Galicia. Chamarémola: ESCAPADAS.
Anímate a coñecer novas paisaxes, costumes e marabillosas fotos de aldeas, portos, igrexas...

Inauguramos este pequeno recuncho dentro do noso blog cunhas imaxes que nos facilita Alejandro Ares de 3ºESO-A. Son da súa aldea: SAN JULIÁN DE MOS, en Lugo.



No enlace que aparece a continuación podes ler información sobre este lugar:



Grazas, Alejandro, pola fermosura destas imaxes.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Samaín

    Samaín é unha palabra gaélica que  significa fin do verán, principio do inverno. No tempo dos celtas,  o Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano; abríanse as portas do outromundo e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores  para render contas inacabadas.

   
   Coa idea de recuperar e coñecer as nosas tradicións, nos tres terceiros, elaboraron traballos recollendo información, imaxes...
   Cada traballo debía ir acompañado de imaxes e toda a creatividade posible.



   Uns sobre cartulina laranxa e outros sobre cartulina negra, adornan e dan colorido ás paredes.

    Agora... o teu comentario PODE SER UNHA OPORTUNIDADE de achegar algo do que aprendiches sobre o Samaín.

jueves, 10 de noviembre de 2011

Trala votación

    De entre dez nomes propostos, FALAR DO NOSO foi o que máis votos acadou.
   Participaron na escolla os catro cursos de secundaria e os dous de bacharelato sendo: O NOSO RECUNCHO, DENDE A NOSA XANELA e SENLLEIRO dos seguintes no que se refire ás preferencias.
   Con nome xa, comeza esta aventura na que todos sodes benvidos e na que a vosa participación é o máis importante.