Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

jueves, 22 de marzo de 2012

DEBUXOS

Sandra Trigo, unha alumna de 4º da ESO, achéganos uns debuxos do Castelo de Santo Antón e da Torre de Andrade.





j

martes, 13 de marzo de 2012

Listado de blogs

Incorporamos hoxe o enlace directo a dous blogs. Podedes acceder aos mesmos pinchando sobre eles. Verédelos na columna da dereita.
A TOPE TROITA. O mundo da bici da man de caras coñecidas por nós: NICOLÁS COTOS (3ºESO A), MIGUEL PÉREZ (3ºESO B) e JAVIER MERAYO (4ºESO B).
PENSAMENTOS DE PORCO BRAVO. A creatividade de Pedro Bouza de 2º ESO, sempre abraiante.

Paga a pena que os visitedes e, de volta... deixade por aquí un comentario co que vos pareceron.

Por certo... se tes un blog ou calquera outra iniciativa, mándanos un correo e valoraremos a posibilidade de enlazala aquí.

jueves, 8 de marzo de 2012

As cubertas da Catedral de Santiago


Frío.
Ilusión.
Un pouco de sono.
Expectativas.
Non sabíamos que iamos ver tan ben a catedral, que a iamos desnudar daquela maneira. Por fóra é bonita, pero por dentro gaña mil veces ese encanto. As cabalerizas, agora vacías, sen vida. A cociña, máis arriba (polo que tivemos que subir o primeiro tramo de escalóns de todos os que iamos subir posteriormente). Na cociña, pequena e recollida, explicáronnos o que víamos: a enorme cheminea, os costumes e labores que alí se levaban a cabo, o burato que está ó carón da cheminea, por onde se arroxaban os restos de comida cara ós cabalos…
Máis escalóns, cada vez máis altos . Para que? Pois para que, en caso de ataque, chegasen moi cansos ás cubertas e non tivesen forzas para loitar.
Subimos ata o coro por unha das torres. Mmm…que cheiro a incienso…Si, na misa de hoxe pola mañá estivo o botafumeiro a funcionar. Dende o coro podemos ver perfectamente toda a igrexa, coa súa perfecta pranta de cruz latina. Impresionante xenialiadade.
Volvemos sobre os nosos pasos e seguimos subindo escalóns e escalóns.
Parece que nunca vamos chegar cando…buaaa. É precioso!  Sínteste como o rei do mundo. Todo está ó teu redor, todo o podes ver, aínda…
Máis frío; moitísimo frío.
Aínda que agora non merece a pena pensar niso, se non abrir ben os ollos e quedarse con aquelas imaxes grabadas. Vemos a Cruz dos Farrapos, onde os peregrinos queimaban as ropas non reutilizables, por causa das pestes e das enfermidades. E tódalas chemineas nos tellados, coma setas no campo. Precioso. Damos unha volta polas cubertas e pronto preguntámonos como alguén puido ter semellante idea na cabeza e plasmala daquela forma na realidade.
Máis entón…
Frío, si, máis frío.

Alicia Fuentes coa colaboración de: Iván Veloso, Raquel García, Javier Castelos, Antonio Ledo e Fernando Gómez – 3º ESO C
Preparados para entrar


Son moitas as imaxes que temos da visita, así que... non dubides en volver por aquí. Agardamos os teus comentarios.