Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

jueves, 22 de diciembre de 2011

Centenario de Álvaro Cunqueiro

Hoxe, para lembrar o centenario de Álvaro Cunqueiro, Sergio Carballas, alumno de 1º de Bacharelato, fai un percorrido pola vida profesional do escritor mindoniense.

Álvaro Cunqueiro
22.12.1911- 28.2.1981



            Hoxe, 22 de decembro de 2011  rememórase o nacemento dun deses escritores que deixaron a súa pisada na Historia da Literatura Galega: Álvaro Cunqueiro.
            Nado en Lugo, dende moi pequeno comezou a interesarlle a literatura. Cursou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e iniciou o seu labor como escritor dun xornal, acabando como redactor e colaborador de xornais como: El Pueblo Gallego, e  axudando a promover as primeiras revistas en  galego. Paralelamente tamén participou na vida política como militante no Partido Galeguista, ata o estoupido da Guerra Civil, na cal por influencia da súa familia puido escapar da represión. Finalmente acaba marchando para Vigo onde exerce de profesor ensinando portugués, durante un curto período de tempo, no instituto da cidade.
            Nos anos seguintes seguirá a traballar como redactor en diversos xornais, tanto españois, como galegos (La Voz de España, Vértice,…). Nesta  etapa tamén é cando publica a súa primeira novela (en castelán): La Historia del caballero Rafael.
            Pasarán uns anos ata que volva a publicar outra novela: A dona de corpo delgado, e é, a partir da publicación desta cando comeza unha intensa actividade narrativa que culminará coa publicación doutros grandes libros como son: Merlín e familia e outras historias, As crónicas do Sochantre  e Se o vello Simbad volvese ás illas.
            No ano 1961, é elixido membro da Real Academia Galega.
            Paralelamente escribe tres libros de relatos: Xente de aquí e de acolá; Escola de menciñeiro; e Os outros feirantes.  É de sinalar que do último libro fixéronse unha serie de seis historias adaptadas á gran pantalla.
            Tamén destacou como poeta con obras coma: Mar ao norde, Poemas do sí e do non, Cantiga nova que se chama Riveira ou Herba aquí e acolá. A súa poesía foi principalmente vangardista e neotrobadoresca.
            Outra mostra da súa capacidade polifacética foi que tamén tocou o xénero dramático coa obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca. Así como tamén escribiu libros de receitas como A cociña galega, dando mostras da súa capacidade para escribir sobre calquera tema.
                        Quixera rematar recordando o texto do seu epitafio, o cal resume perfectamente o que supuxo o labor deste autor para as nosas letras:  Eiquí xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis”.

                                                                       Sergio Carballas Chas.  1ºBacharelato

No hay comentarios:

Publicar un comentario