Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

lunes, 17 de junio de 2013

Premios REC-CURTA 2013


Por terceira vez consecutiva, os nosos alumnos son premiados pola súa participación no concurso de curtametraxes en galego, REC-CURTA, convocado por FEREGA-CECA.

Nesta ocasión, foron dous alumnos de cuarto de secundaria, Fernando Gómez Pais e Marco Antonio Álvarez Sánchez, os que, estando nomeados en tres categorías, foron galardoados a “mellor vestiario e maquillaxe” coa súa curtametraxe A Santa Compaña.

O pasado 5 de xuño tivo lugar a entrega de premios deste certame na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. O acto contou coa presenza do Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo Suárez, e a colaboración do humorista David Amor e da periodista María Solar. Estes dous profesionais da televisión foron os encargados de entregar os premios ós pequenos actores; posteriormente, mantiveron un distendido faladoiro no cal lles contaban as súas experiencias no mundo televisivo e os animaban a seguir cultivando a súa afección polo mundo audiovisual.
Grazas a esta iniciativa da Federación de Escolas Católicas, nós, dende o Departamento de Galego, podemos contribuír co talento e o traballo dos nosos alumnos, ó fomento da Lingua Galega.

                                                                              Parabéns, rapaces!






 















domingo, 9 de junio de 2013

Fausto a estatua


   
Peto de Ánimas - Augasantas(Cotobade)


   Nunha pequena aldea galega, non importa onde nin cando, vivía Fausto o canteiro. Non era o único, xa que por aquela zona eran moitos os que aproveitaban as múltiples fontes de granito. Era un bo canteiro, boísimo, pero aínda así non gañaba moito; eran demasiados os que compartían a súa profesión e a xente non se fixaba nel como debería, esta situación convertera a Fausto o canteiro nunha persoa cobizosa e desagradable. “Se eles soubesen de min…” dicíase e botaba a culpa da súa soidade aos demais canteiros.

   O seu último traballo fora un Peto de Ánimas. Aínda non estaba rematado. Tiña pensado facerlle un pequeño santiño, na parte superior, incrustado dentro dun arco. Así que un día, colleu a súa maza e o punteiro e púxose a traballar. Cando rematou, días despois, deixou as súas ferramentas e observou a súa obra. Pensaba en poñela na encrucillada que comunicaba co pobo veciño para que todos a viran e así gañase fama.

   Pero cando Fausto o canteiro despertou ó día seguinte, non encontrou o seu Peto de Ánimas por ningures. Buscouno durante horas e horas, pero non daba atopado con el. “Isto é unha locura”, pensou “é imposible que desaparecera, e polo de agora, patas non ten”. Co seu gran traballo aparentemente roubado, saíu para a canteira triste e amoucado. De súpeto, cando pasaba polo cruce do camino, escoitou unha voz clara e preciosa que dicía:
          Canta miña pedra,  canta
          ó compás deste punteiro.
          Canta miña pedra canta
          faille compaña ao canteiro

   Voltouse e viu o seu Peto de Ánimas sobre un montículo de terra, maxestuoso (aos seus ollos) e observou que o pequeno santiño de arriba se movía e que volvía a cantar:
         Canteiro que desfilas
         con ollos de fracaso.
         Pídeme o que queiras
         salva o teu traballo

   Fausto o canteiro, sorprendido, caeu ó chan cando viu que o santiño lle falaba. O seu corpo tremía de medo, pero seguiu a escoitar. “ Imposible” dicíase, “debe ser un soño”. Pero, por esa mesma razón, non tiña nada que perder, así que contestou, pensando no seu dourado futuro:
“-Quero ser famoso”.

   E acto seguido, a súa pel púxose ríxida e áspera, dun aspecto grisáceo e sentiu que non se podía mover. Pero non lle deu tempo sequera a pensar no que ocorría, cando o seu corpo convertiuse en pedra. E así pasou Fausto a estatua centos de anos, na encrucillada do camiño. E converteuse na estatua máis fermosa en toda a provincia.

                                                       PABLO BOUZA BERNÁRDEZ – 3º ESO C

martes, 12 de febrero de 2013

Entroido


Celebramos este días unha tradición que sabe a pasado, a lacón, grelos e diversión.

O Entroido ten a súa orixe nas Lupercales, antiga festividade romana.

O chamado triángulo máxico, formado polas localidades ourensáns de: Xinzo de Limia, Laza e Verín,  os Cigarróns, Peliqueiros, Felos en Maceda…

Falardonoso convídate a que investigues e vivas o noso Entroido. Busca información sobre os costumes, as datas sinaladas dentro do entroido, a comida e os postres… Agardamos os teus comentarios e así todos aprenderemos da riqueza da nosa terra. Lembra que… ti mesmo podes redactar unha entrada con ou sen imaxes, unha vez valorada polo departamento, se o contido cumpre co agardado, publicarémolo. É a mellor maneira de crear, compartir e disfrutar da diversión deste días “tolos”.


jueves, 31 de enero de 2013

MUSEO DO POBO GALEGO




O día 28 de novembro os alumnos de 3º da ESO  fomos visitar a fachada

da catedral de Santiago de Compostela e o Museo do Pobo Galego.

No Museo do Pobo Galego fomos visitar varias salas que trataban de temáticas diferentes pero antes de chegar ás salas temos que subir por unha triple escaleira helicoidal onde nun mesmo oco desenvólvense  tres ramplas independentes, que conducen aos diferentes pisos e só unha delas remata no miradoiro que domina a cidade. Esta escaleira está considerada como un dos elementos singulares de patrimonio arquitectónico de Compostela.


                    

-Na primera sala atópanse os oficios, onde podemos observar que eles representaban un papel fundamental nesa época. O Museo presenta unha ampla variedade: oficios que traballan cos metais, coa madeira, co barro e outros varios e estos oficios son os zoqueiros, os zapateiros, os telleiros, os carpinteiros e moitos máis.
  
-Ao subir unha das escaleiras a dereita atópase a sala do traxe onde podemos ver as distintas vestimentas que utilizaban os homes e as mulleres das épocas anteriores dependendo da súa clase social. E tamén moi coñecido en Galicia  son as labores de encaixe de palillos.

-Ó pasar a sala do traxe atopamos a sala da música onde vemos como se fabricaba anteriormente unha gaita e moitos intrumentos tradicionais que hoxe coñecemos, como a zanfona e o pandeiro. E os bailes máis populares, como a muñeira e outras incorporadas como a xota e onde as bandas de música contribuíron a popularizar melodías xa anosadas no acervo musical, como o pasarrúas e o pasodobre.

-E a última sala que vamos ver e a que trata da sociedade onde podemos visualizar o tipo de vida que tiñan os galegos nesa época como os tipos de casa e a familia, a organización territorial, a propiedade e a herdanza e a produción e o intercambio. Tamén hai nunha furna os traxes que levaban o noivo e a noiva no seu día de vodas , os seus costumes e algo moi interesante como os xoguetes que utilizan os nenos na súa infancia.

                                                             TEXTO: ARIADNA JULIÁN  – 3º ESO  C           
                                                             IMAXES : ALAINA DÍAZ 3º ESO C