Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

domingo, 25 de noviembre de 2012

Praia de Carnota


   Na costa da provincia da Coruña, cara ao sur, atópase o concello de Carnota.
   Cuns 42km. de litoral, dende O Pindo ata Lariño, conta con 33 fermosas praias e marabillosos areais.



   Hoxe, Manuel Pedre de 3º ESO-A, achéganos esta foto da praia de Carnota.
   Con forma de media lúa, chegou a ser recoñecida nunha revista xermana, coma unha das cen mellores praias.
   No corazón da mesma, a desembocadura do río Vadebois ofrece un marabilloso espectáculo na chamada Boca do Río.
   Sen dubidalo... paga a pena visitala e camiñar pola súa fina area que bica ao mar.
   Grazas Manuel.

domingo, 4 de noviembre de 2012

POEMA

 
Andrea Grande García, alumna de Bacharelato, mergúllanos por un momento nun mundo cheo de cor e vida que nos regala a natureza, a través do seu poema e desas fantásticas imaxes que o acompañan. Grazas, Andrea, pola túa aportación.
 
 
 

SAMAÍN

    O pasado día 31 celebramos o Samaín e con tal motivo o noso blog estreou cabaza e arañiña.
   Agardando a túa participación, espera os teus comentarios, debuxos, lendas, pasatempos e fotos relacionadas con esta festa.
Decídete xa!!!