Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

martes, 14 de febrero de 2012

SAÍDA AO XEO


                O día 16.01.12, os alumnos de 3º curso da ESO do Colexio Sagrado Corazón, Franciscanas fomos patinar á pista de xeo do Coliseum da Coruña.
                A saída estivo organizada, como tódolos anos anteriores, polo profesor de Ed. Física José Cadarso. O obxectivo do profesor e da saída era fomentar o deporte dunha maneira sana, divertida e na compaña dos nosos compañeiros. El e maila profesora de Bioloxía e Física e Química, Cristina, viñeron con nós para cumprir a función de supervisores.

                Nós, xa afeitos á patinaxe sobre xeo dos anos anteriores, desenvolvímonos ben, iso sí, cun pouco de axuda dos deslizadores que estaban por toda a pista. Aínda así, uns fixérono mellor ca outros.

                Patinamos nun tempo estimado dunha hora e cuarto. O tempo transcorreu sen accidentes, á diferenza do ano pasado, no que un rapaz rompeu un brazo.

                Durante o tempo que estivemos na pista, a profesora de Física e Química fixo fotos dos alumnos patinando para telas como recordo.

                Ao final da hora e cuarto, os alumnos deixamos de patinar para ir ás clases.

                Foi una experiencia divertida, na que pasamos un bo rato facendo deporte cos nosos compañeiros, na nosa opinión foi una bonita saída que debería facerse tódolos anos.
Adolfo Villaverde Turnes 3º ESO - A
Denise Suárez Barral 3º ESO - A
Imaxes cedidas por Laura Pazos Rey 3ºESO - C

3 comentarios: