Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

domingo, 12 de febrero de 2012

A todo porco...

   Ben é certo que polo San Martiño, o 11 do mes de Santos (novembro), nas aldeas adoitan facer a matanza do porco; mais... pódese levar a cabo calquer outro fin de semana despois do 11, sempre e cando vaia moito frío.
   Na aldea de Marco Antonio Álvarez Sánchez de 3ºESO-C mataron tres porcos e, grazas á súa labor de reporteiro, subimos ao noso blog algunhas das imaxes, advertindo por adiantado da dureza dalgunhas delas.
   Ao porco non se lle dá de comer o día anterior, algúns din que sabe que vai morrer e por iso, golpea a porta durante toda a noite ou como outros acostuman a dar a entender: "levántase sete veces para comer ao seu dono".
   Pois ben, como unha imaxe vale máis que mil palabras; aquí está todo o que lle aconteceu ao porco:


 
Cólgase polas patas traseiras o porco.

Antes empregaban o coitelo, agora: méteselle un tiro na testa.




  
Métese en auga fervendo e despois quítaselle a pel e límpase ben coa axuda dun soplete.







Unha vez ben limpo por dentro e lavadas as tripas para enchelas logo cos chourizos, déixase colgado para que enfríe.




Vaise despezando, preparando a cachucha, a sesada, o unto... salgando..











Xa queda lista a carne dos chourizos e todo o necesario para a laconada agora que chega o ENTROIDO.
Grazas a Marco e á súa familia por achegarnos a tradición e o bo facer das nosas xentes; xa nos contaredes máis.

4 comentarios:

  1. Moi rico a hora de papar.Pero non é moi agradable velo morrer.
    Un saudo

    ResponderEliminar
  2. ten moi boa pinta xa me gustaria papar un deses chourizos!

    ResponderEliminar
  3. Debe estar moi saboroso!

    ResponderEliminar
  4. o porco logo esta moi rico,pero e moi desagradable velo morrer.

    ResponderEliminar