Peto de Ánimas - Augasantas(Cotobade) |
Nunha pequena
aldea galega, non importa onde nin cando, vivía Fausto o canteiro. Non era o
único, xa que por aquela zona eran moitos os que aproveitaban as múltiples
fontes de granito. Era un bo canteiro, boísimo, pero aínda así non gañaba
moito; eran demasiados os que compartían a súa profesión e a xente non se
fixaba nel como debería, esta situación convertera a Fausto o canteiro nunha
persoa cobizosa e desagradable. “Se eles soubesen de min…” dicíase e botaba a
culpa da súa soidade aos demais canteiros.
O seu último
traballo fora un Peto de Ánimas. Aínda non estaba rematado. Tiña pensado
facerlle un pequeño santiño, na parte superior, incrustado dentro dun arco. Así
que un día, colleu a súa maza e o punteiro e púxose a traballar. Cando rematou,
días despois, deixou as súas ferramentas e observou a súa obra. Pensaba en
poñela na encrucillada que comunicaba co pobo veciño para que todos a viran e
así gañase fama.
Pero cando Fausto
o canteiro despertou ó día seguinte, non encontrou o seu Peto de Ánimas por
ningures. Buscouno durante horas e horas, pero non daba atopado con el. “Isto é
unha locura”, pensou “é imposible que desaparecera, e polo de agora, patas non
ten”. Co seu gran traballo aparentemente roubado, saíu para a canteira triste e
amoucado. De súpeto, cando pasaba polo cruce do camino, escoitou unha voz clara
e preciosa que dicía:
Canta miña
pedra, canta
ó compás
deste punteiro.
Canta miña
pedra canta
faille
compaña ao canteiro
Voltouse e
viu o seu Peto de Ánimas sobre un montículo de terra, maxestuoso (aos seus
ollos) e observou que o pequeno santiño de arriba se movía e que volvía a
cantar:
Canteiro que
desfilas
con ollos de
fracaso.
Pídeme o que
queiras
salva o teu
traballo
Fausto o
canteiro, sorprendido, caeu ó chan cando viu que o santiño lle falaba. O seu
corpo tremía de medo, pero seguiu a escoitar. “ Imposible” dicíase, “debe ser
un soño”. Pero, por esa mesma razón, non tiña nada que perder, así que
contestou, pensando no seu dourado futuro:
“-Quero ser
famoso”.
E acto
seguido, a súa pel púxose ríxida e áspera, dun aspecto grisáceo e sentiu que
non se podía mover. Pero non lle deu tempo sequera a pensar no que ocorría,
cando o seu corpo convertiuse en pedra. E así pasou Fausto a estatua centos de
anos, na encrucillada do camiño. E converteuse na estatua máis fermosa en toda
a provincia.
PABLO BOUZA BERNÁRDEZ – 3º ESO C
Boa historia, vese que destacas en máis cousas do que parecía ;)
ResponderEliminarÉ un bo conto, pero é moi típio, xa tiña vistos mais coma este
ResponderEliminar