Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

sábado, 14 de marzo de 2015

Vin





Vin ás nubes chorar, rir ó sol, gritar ás ondas do mar. Escoitei os contos do vento e anotei os susurros da vida.
Agora, penso naquel tempo no que todo o anterior importaba. Cando todo era curiosidade.
Vin correr as follas no aire, escoitei as anécdotas das cunchas do mar, vin cantar ós paxaros.
agora, o tempo déixanos impunes de beleza. Agora os copos de neve, as cancións dos xuncos, o sorriso da lúa e a paixón do silencio non importan.
Claudia Deus Casas 3º A ESO

martes, 3 de marzo de 2015

Un fermoso atardecer

Estas fotos do atardecer son tomadas dende a miña urbanización. 
Nelas podemos apreciar distintas cores e tonalidades que nos ofrece o noso marabilloso ceo da Coruña.



SOFÍA GONZÁLEZ CASTRO 3º ESO - A

domingo, 22 de febrero de 2015

Felicidade... Ledicias...

As ilusións que nesas palabras se traman, existen nunha suor de falsidade e engano. Emite, por cada poro da súa pel, suor desenfreada, facéndose aínda máis real. A suor enrédase nos corazóns puros das persoas, destruíndo a súa inocencia, destruíndo a súa felicidade. Corren, sen mirar atrás, nun sendeiro sen retorno. Escapan, sen que as súas mentes se decaten, da leda. Nas súas veas, navega un sangue que, por navegar nas veas dun iluso infeliz que cre ser feliz, é o máis derradeiro infeliz. Ou iso cre o sangue. O sangue mécese nun sopor interminable de engano e inconformismo.

Viven inmersos, nun mundo de mentiras e enganos, que se materializan en caixas de cemento, recheas de diñeiro que xamais poderán gastar. Viven inmersos nun mundo onde lles rouban o pouco que poden obter, mais, ámbolos dous, viven nun bucle de ignorancia. Móvense, coma disparos sen retorno, cara ó estupor. A inxustiza zumega en tódolos recunchos. Fai estremecer ó seu contacto, xera un furacán de sentimentos alterados e desconcertados. Esvara o xuízo cando se razoa nisto. Fuximos descontrolados nun bucle de sensacións, da leda, que posuíamos na pureza. As augas do noso océano, cristalinas e sosegadas, repousan nun universo de abandono. Mécense en correntes dunha brisa suave, mécense en ledicias. O océano non coñece máis que a tranquilidade, o sosego e a luz da lúa. Embriagado no seu sopor, bañado nas cataratas da luz luar, que encharcan o seu existir. Pero, aínda enriba diso, é feliz. Na ignorancia, pureza e máis absoluta calma, é feliz. Mentres, o del dono, existe embriagado, na sabia dunha árbore, que supura unha infección fatal, sen retorno. Expándese a grandes velocidades, contaminando todo o que toca, infectando tódolos recunchos. As persoas existen embriagadas nun universo de erros que non deben soportar, mais fano. As súas atentas miradas, observan sen posibilidade de interrupción as vidas dos outros, ignorando a súa, os seus actos. O seu rir basease na infección que descoñecen e, polo tanto, descoñecen ter. Revólvese seu xuízo nunha batalla contra a infección, unha batalla da que non se decatan, que non poden gañar. Viven entre estupideces e falsas ledicias, que se desamorean, en cinzas. Pregúntanse en custións sen resposta, cal foi o seu erro, mais, como non teñen resposta, nunca conseguen acláralo. E, na maior das desgrazas, atópase o océano do seu interior, que descansa na calma do abandono, sen nunca ter uso. Sen nunca ter uso, mais feliz.


JUAN CHRISTIAN RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ – 3º C ESO

jueves, 25 de diciembre de 2014

O Nadal

O Nadal, que é para nós? 
É, se cadra, un tempo de consumismo desenfrenado? 
Para unha gran porcentaje de nós, si. Simplemente hai que pararse a cavilar que pensamos cando chega esta parte do ano? Agasallos para nós e para a familia, as ceas, tanto cos amigos como coa familia... E poderiamos seguir enumerando e facendo unha gran listaxe.

Entón, poderíamos considerar que o Nadal é basicamente unha época do ano que pasamos consumindo e mercando? A mentalidade da xente basease niso, o caso está en que ninguén se atreve a dicir a verdade, o problema está en que as persoas non aprendemos a mirarnos por dentro senón que temos os nosos ollos cravados coma frechas nas opinións e maneiras de pensar das persoas que nos rodean, atentos coma feras detrás das súas presas para criticar as opinións dos outros.

O consumismo de hoxe en día, especialmente no Nadal e festas semellantes, non só se debe á nosa capacidade de decir: "necesito mercar algún agasallo" ou "necesito mercar algo para a cea". Hai cousas que as grandes empresas nos incitan a mercar e mercar: os milleiros de luces de innumerables cores e fomas adornando carteis e rúas, os variados anuncios incitando a mercar os seus produtos... Todo é unha extensa listaxe chea de moreas de produtos que queren vendernos con excusas de luces de cores.
Despois de ver todas estas bonitas cousas... como non caer nesa presa!

Pero, non todo son problemas, nas mentes das persoas perduran áinda as cousas que en verdade, definen o Nadal. É unha gran alegría sabelo, saber que aínda existen esas razóns. As ansias de comezar a adornar as nosas casas xunto con toda a nosa familia, encargándonos de colocar todas as cousas meticulosamente. Á árbore de Nadal, coa que disfrutamos colocando as guirnaldas, tratando de acomodalas perfectamente onduladas; as bolas de cores relucintes e as variopintas figuriñas que colgamos con tanto agarimo e, para rematar, colocar na copa da árbore; a gran estrela, coroando a árbore na que toda a familia axudou.
Despois están todas esas alegres e divertidas ceas nas que toda a familia canta as panxoliñas que as súas mentes poden lembrar, comen todos os doces do Nadal que poden e pasan unhas divertidas noites en familia.
Entón, poderíamos decir que o Nadal é un tempo de reunión coa nosa familia e, como non, tamén é tempo de ver aos nosos amigos e contarlles que tan ben estamos pasando as Festas.
Pero, aínda queda nomear o derradeiro motivo da celebración: o nacemento do Noso Señor o 25 de decembro.
Moita xente esquece este importante motivo.
Este tempo é tamén unha época para cambiar a nosa actitude avariciosa e infeliz por unha actitude xenerosa e feliz, porque o Nadal é tempo de cambiar a nosa actitude para ben.

O NADAL É TEMPO PARA DISFRUTAR, RIR, PASALO BEN E, SOBRE TODO, LEMBRAR AO NOSO SEÑOR.
Nuria Vázquez Uría - 3º C ESO

jueves, 13 de noviembre de 2014

Outono 2014

Chegou o outono ao noso colexio.
Case sen pensalo, foron caendo as follas das árbores cando aínda facía calor e o sol quentaba con forza.


Subindo as escaleiras e antes de entrar nas clases, unha mesa decorada con cores deste tempo, ourizos, cabazas, noces, mazás, millo...



... unha vella luz de carburo con moitos anos e moita historia, o recipiente para facer unha boa queimada e a tixola para as castañas.











































Xa non faltan máis que os traballos e a maxia do entrañable destes días que anuncian a chegada de tempos de frío ao carón da lareira.



.






































" Chegou o tempo de outono
prás castañas varear.
¡Chegou o tempo do sono
e a sazón de sementar! " 

  Manuel María