Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

domingo, 25 de noviembre de 2012

Praia de Carnota


   Na costa da provincia da Coruña, cara ao sur, atópase o concello de Carnota.
   Cuns 42km. de litoral, dende O Pindo ata Lariño, conta con 33 fermosas praias e marabillosos areais.



   Hoxe, Manuel Pedre de 3º ESO-A, achéganos esta foto da praia de Carnota.
   Con forma de media lúa, chegou a ser recoñecida nunha revista xermana, coma unha das cen mellores praias.
   No corazón da mesma, a desembocadura do río Vadebois ofrece un marabilloso espectáculo na chamada Boca do Río.
   Sen dubidalo... paga a pena visitala e camiñar pola súa fina area que bica ao mar.
   Grazas Manuel.

domingo, 4 de noviembre de 2012

POEMA

 
Andrea Grande García, alumna de Bacharelato, mergúllanos por un momento nun mundo cheo de cor e vida que nos regala a natureza, a través do seu poema e desas fantásticas imaxes que o acompañan. Grazas, Andrea, pola túa aportación.
 
 
 

SAMAÍN

    O pasado día 31 celebramos o Samaín e con tal motivo o noso blog estreou cabaza e arañiña.
   Agardando a túa participación, espera os teus comentarios, debuxos, lendas, pasatempos e fotos relacionadas con esta festa.
Decídete xa!!!

jueves, 18 de octubre de 2012

Comezando o novo curso

Acabado o verán, regresamos ao colexio coa ilusión de encontrarnos novamente cos compañeiros, de compartir novas vivencias... DE APRENDER.
Dende o noso blog, tentaremos seguir dando forma e enchendo este espazo no que expresarnos na nosa lingua, dar a coñecer a cultura da terra, os lugares que visitamos... a nosa creatividade. E para iso, precisamos novamente da túa colaboración. Agardamos imaxes da túa aldea e algunhas liñas sobre ela, os teus poemas e textos en Galego, a lembraza dalgún dos nosos devanceiros, novas de interese... Fala coa túa mestra.
COMEZAMOS XA!!!!

martes, 19 de junio de 2012

"Duelo de titáns"

Da man de Laura Blanco de 3º ESO-A chega hoxe ao noso blog este divertido debuxo dun coello e un cazador.


O cazador, vendo o coello di: " Hoxe a cea vai ser monumental!"
O coello mirando para o cazador, pensa:" Hoxe, unha gorra nova para a colección".
Poñerse no lugar do outro, a realidade vista dende distintos enfoques, o cazador cazado, cada un mirando para o seu... son moitos os temas a debater tralo debuxo.
Grazas Laura polo sorriso e por facernos pensar.

jueves, 7 de junio de 2012

De volta a Santiago

Coma se do noso propio libro de recordos se tratara, o noso blog abre o álbum da visita ás cubertas da Catedral de Santiago para disfrutar destas fermosas fotos tomadas por Marco Antonio Álvarez Sánchez de 3º ESO C. Grazas Marco.











miércoles, 6 de junio de 2012

Atenea e o Centauro

Ás veces, o bulir do día a día permite que teñamos un acougo para saborear un bo libro, unha sutil melodía, unha amena tertulia ou un cadro que nos leve a outros mundos.
Así é o caso deste debuxo feito por Sandra Trigo García de 4º da ESO, inspirado na obra de Botticelli: Palas Atenea e o Centauro.
A riqueza dos detalles, das proporcións; a delicadeza da técnica do pastel... levan a nosa ollada ao tempo no que os deuses que habitaban no Olimpo, xogaban, se cadra con certo capricho, co destino dos homes.

Grazas Sandra, por tan fermoso agasallo, por mimar con detalle o debuxo e por levarnos a paraxes mitolóxicas cheas de imaxinación, seres sobrenaturais, heroes e deuses.

Agora só queda que vos animedes a adentrarvos na maxia dos mitos, que coñezades as historias de Atenea, Minerva para os romanos e outros tantos deuses. Ben seguro que disfrutaredes con elas.