Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

martes, 14 de febrero de 2012

SAÍDA AO XEO


                O día 16.01.12, os alumnos de 3º curso da ESO do Colexio Sagrado Corazón, Franciscanas fomos patinar á pista de xeo do Coliseum da Coruña.
                A saída estivo organizada, como tódolos anos anteriores, polo profesor de Ed. Física José Cadarso. O obxectivo do profesor e da saída era fomentar o deporte dunha maneira sana, divertida e na compaña dos nosos compañeiros. El e maila profesora de Bioloxía e Física e Química, Cristina, viñeron con nós para cumprir a función de supervisores.

                Nós, xa afeitos á patinaxe sobre xeo dos anos anteriores, desenvolvímonos ben, iso sí, cun pouco de axuda dos deslizadores que estaban por toda a pista. Aínda así, uns fixérono mellor ca outros.

                Patinamos nun tempo estimado dunha hora e cuarto. O tempo transcorreu sen accidentes, á diferenza do ano pasado, no que un rapaz rompeu un brazo.

                Durante o tempo que estivemos na pista, a profesora de Física e Química fixo fotos dos alumnos patinando para telas como recordo.

                Ao final da hora e cuarto, os alumnos deixamos de patinar para ir ás clases.

                Foi una experiencia divertida, na que pasamos un bo rato facendo deporte cos nosos compañeiros, na nosa opinión foi una bonita saída que debería facerse tódolos anos.
Adolfo Villaverde Turnes 3º ESO - A
Denise Suárez Barral 3º ESO - A
Imaxes cedidas por Laura Pazos Rey 3ºESO - C

domingo, 12 de febrero de 2012

A todo porco...

   Ben é certo que polo San Martiño, o 11 do mes de Santos (novembro), nas aldeas adoitan facer a matanza do porco; mais... pódese levar a cabo calquer outro fin de semana despois do 11, sempre e cando vaia moito frío.
   Na aldea de Marco Antonio Álvarez Sánchez de 3ºESO-C mataron tres porcos e, grazas á súa labor de reporteiro, subimos ao noso blog algunhas das imaxes, advertindo por adiantado da dureza dalgunhas delas.
   Ao porco non se lle dá de comer o día anterior, algúns din que sabe que vai morrer e por iso, golpea a porta durante toda a noite ou como outros acostuman a dar a entender: "levántase sete veces para comer ao seu dono".
   Pois ben, como unha imaxe vale máis que mil palabras; aquí está todo o que lle aconteceu ao porco:


 
Cólgase polas patas traseiras o porco.

Antes empregaban o coitelo, agora: méteselle un tiro na testa.




  
Métese en auga fervendo e despois quítaselle a pel e límpase ben coa axuda dun soplete.







Unha vez ben limpo por dentro e lavadas as tripas para enchelas logo cos chourizos, déixase colgado para que enfríe.




Vaise despezando, preparando a cachucha, a sesada, o unto... salgando..











Xa queda lista a carne dos chourizos e todo o necesario para a laconada agora que chega o ENTROIDO.
Grazas a Marco e á súa familia por achegarnos a tradición e o bo facer das nosas xentes; xa nos contaredes máis.

lunes, 6 de febrero de 2012

Novo gadget do blog

O noso blog ten agora unha enquisa na que podedes calificar o noso blog. Lembrade votar.

sábado, 28 de enero de 2012

O rap de Marco

   Mentres agardamos con ilusión a entrada sobre a visita a Santiago... Dúas obras de arte:
   Un rap da man de Marco Antonio de 3º ESO-C  que, de bo grado e atendendo ás peticións dos seus compañeiros, compuxo a letra e agasallounos rapeando con decisión. Xuzgade bos mesmos a orixinalidade e o seu arte.
Letra:

Boom! estoupa a bomba
o altavoz non o soporta
unha voz celestial berra a gritos
outra voz sooando ó eco, McLoita!
o meu rap non adoita
non oe, non fai caso non escoita
deixache a túa mente rota
sen mensaxes subliminais, sen mentiras,
sen soar comercial, aceptade a derrota.

En contra da sociedade e do mundo,
falo rápido, forte,
porque escupo;
neste sistema inmundo.
Pisoo, queimoo, tiroo ó lixo,
e cando pase o camión,
apláudolle e rio.
Riome enriba vosa, aplástovos, písovos,
non o podedes parar, o estopido da miña voz,
que non para de rapear.

Preparade unha festa para cando chegue,
traerei as súas cabezas de trofeo.
Morreu a peste!

Son o guerreiro sen espada,
o cabaleiro sen armadura,
un asasino que ataca con  palabras
que se cravan como dagas!

Ó igual que os coitelos
eu afío as palabras
contra criminais, corruptos...
cravándollas na cara!

Botádeme enriba ó exército,
á Interpol, a Garda Civil,
encárome a todos,
lanzándome coma un mísil.

Rimas métricas.
Versos poéticos.
A miña voz emítese ó universo,
expándese!

Óese dende todo o mundo,
os OVNIs desconcertados, perden o rumbo.
Vouche enche-las orellas a escoitarme
hanche de quedar de grandes coma as de Dumbo!

Non viaxo sen rumbo,
ando a ritmo fixo
falo sen desperdicio...

    E... para mostra da escoita, David Rouco, compañeiro de clase de Marco, inmortalizou o bo momento: