Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

jueves, 18 de junio de 2015

I CONCURSO DE TRABALLOS DE GALEGO DE 3º ESO

   Con moita ilusión e a colaboración e entusiasmo de alumnos e profesores, onte mércores 16 de xuño tivo lugar o I CONCURSO DE TRABALLOS DE GALEGO DE 3 º DA ESO.
      Tres clases a concurso e máis de 60 traballos.
TRABALLOS DE 3º ESO A
TRABALLOS DE 3º ESO B
TRABALLOS DE 3º ESO C

    Os traballos, realizados en grupos de 4, de 3 e/ou en parellas versaban sobre a figura de Filgueira Valverde e sobre lugares e festas de interese en Galicia e foron expostos oralmente durante estes  días. Entre o luns e o martes, voluntarios das tres clases reubicaron e colocaron os mesmos do mellor xeito posible. Sendo dous os criterios a ter en conta nas votacións: TRABALLOS MELLOR PRESENTADOS NO QUE SE REFIRE AO CONTIDO E Á FORMA e MELLOR EXPOSICIÓN DOS MESMOS; había que esmerarse por competir cos compañeiros do corredor.


    Seguindo o criterio da data de nacemento, foron nomeados representantes de cada clase, os tres alumnos máis pequenos: 
           ÓSCAR LÓPEZ VÁZQUEZ (3º ESO A) 
                 IRIA SUÁREZ CASTILLO ( 3º ESO B)  
                JUAN CHRISTIAN RODRÍGUEZ  FERNÁNDEZ(3º ESO C)
        Os tres realizaron de xeito impecable o seu cometido, con total seriedade, convocaron aos nove profesores o martes explicándolles a maneira na que se ía proceder e pedindo a súa participación. Desde primera hora do mércores atenderon a mesa das votacións.
Feito o escrutinio, só restaba cubrir as actas e deixalas nas tres clases.
3º ESO C gañou.
    Felicidades a toda a clase polo traballo ben feito e agradecementos a TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E  ENTUSIASMO, AOS PROFESORES QUE CON TOTAL INTERESE, PREOCUPACIÓN E MIMO viaxaron polas nosas Letras, as nosas Festas e os recunchos máis fermosos da Nosa Terra. Grazas pola súa COLABORACIÓN e grazas tamén aos tres representantes que fixeron de secretarios nesta exitosa iniciativa.
FELIZ VERÁN A TODOS.





No hay comentarios:

Publicar un comentario