Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

jueves, 13 de noviembre de 2014

Outono 2014

Chegou o outono ao noso colexio.
Case sen pensalo, foron caendo as follas das árbores cando aínda facía calor e o sol quentaba con forza.


Subindo as escaleiras e antes de entrar nas clases, unha mesa decorada con cores deste tempo, ourizos, cabazas, noces, mazás, millo...



... unha vella luz de carburo con moitos anos e moita historia, o recipiente para facer unha boa queimada e a tixola para as castañas.











































Xa non faltan máis que os traballos e a maxia do entrañable destes días que anuncian a chegada de tempos de frío ao carón da lareira.



.






































" Chegou o tempo de outono
prás castañas varear.
¡Chegou o tempo do sono
e a sazón de sementar! " 

  Manuel María                       







5 comentarios:

  1. Álvaro RIvera Fernández 3ºA Nº21
    A castaña, antigamente, antes de que a pataca chegase de América era un dos principais alimentos da gastronomia de Galicia. Ainda hoxe en día en aldeas de Galicia as patacas chamanse castañas.

    ResponderEliminar
  2. Fabio Hernández López Nº12 3ºB

    Poesía:

    VEN ONDA NÓS O OUTONO
    DACABALO DO AIRE;
    NOS CAMIÑOS DA FRAGA
    OS OURIZOS XA ABREN.
    SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
    DA ETERNA VIAXE
    ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
    ESTREANDO FRIAXE.

    ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.

    Adiviña:

    ALTO ESTOU,
    COR DE OURO TEÑO
    E POR UNHA RISOTADA
    PERDO O QUE TEÑO.
    (ourizo).

    ResponderEliminar
  3. "Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"

    "Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"

    "Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"

    "Castañas no Nadal saben ben e pártense mal"

    "Temperá é a castaña que por setembro regaña"

    "Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara"

    "Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín"

    Óscar López Vázquez 3ºA nº13

    ResponderEliminar
  4. DIEGO LOSADA CASTELOS 3ºA Nº14

    Refráns:" A horta de outono mantén ó seu dono". "Flores en outono, fame no ano novo". "Polo San Simón pon o tapón, polo San Martiño, proba o viño".

    ResponderEliminar