Chegou o outono ao noso colexio.
Case sen pensalo, foron caendo as follas das árbores cando aínda facía calor e o sol quentaba con forza.
Subindo as escaleiras e antes de entrar nas clases, unha mesa decorada con cores deste tempo, ourizos, cabazas, noces, mazás, millo...
... unha vella luz de carburo con moitos anos e moita historia, o recipiente para facer unha boa queimada e a tixola para as castañas.
Álvaro RIvera Fernández 3ºA Nº21
ResponderEliminarA castaña, antigamente, antes de que a pataca chegase de América era un dos principais alimentos da gastronomia de Galicia. Ainda hoxe en día en aldeas de Galicia as patacas chamanse castañas.
Fabio Hernández López Nº12 3ºB
ResponderEliminarPoesía:
VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.
ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.
Adiviña:
ALTO ESTOU,
COR DE OURO TEÑO
E POR UNHA RISOTADA
PERDO O QUE TEÑO.
(ourizo).
"Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"
ResponderEliminar"Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"
"Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"
"Castañas no Nadal saben ben e pártense mal"
"Temperá é a castaña que por setembro regaña"
"Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara"
"Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín"
Óscar López Vázquez 3ºA nº13
DIEGO LOSADA CASTELOS 3ºA Nº14
ResponderEliminarRefráns:" A horta de outono mantén ó seu dono". "Flores en outono, fame no ano novo". "Polo San Simón pon o tapón, polo San Martiño, proba o viño".
ben falado
Eliminar