da catedral de Santiago de Compostela
e o Museo do Pobo Galego.
No Museo do Pobo Galego fomos
visitar varias salas que trataban de temáticas diferentes pero antes de chegar
ás salas temos que subir por unha triple escaleira helicoidal onde nun mesmo
oco desenvólvense tres ramplas independentes,
que conducen aos diferentes pisos e só unha delas remata no miradoiro que
domina a cidade. Esta escaleira está considerada como un dos elementos
singulares de patrimonio arquitectónico de Compostela.
-Na primera sala atópanse os oficios, onde
podemos observar que eles representaban un papel fundamental nesa época. O
Museo presenta unha ampla variedade: oficios que traballan cos metais, coa
madeira, co barro e outros varios e estos oficios son os zoqueiros, os
zapateiros, os telleiros, os carpinteiros e moitos máis.
-Ao subir unha das escaleiras a dereita
atópase a sala do traxe onde podemos ver as distintas vestimentas que
utilizaban os homes e as mulleres das épocas anteriores dependendo da súa clase
social. E tamén moi coñecido en Galicia
son as labores de encaixe de palillos.
-Ó pasar a sala do traxe atopamos a sala
da música onde vemos como se fabricaba anteriormente unha gaita e moitos
intrumentos tradicionais que hoxe coñecemos, como a zanfona e o pandeiro. E os
bailes máis populares, como a muñeira e outras incorporadas como a xota e onde
as bandas de música contribuíron a popularizar melodías xa anosadas no acervo musical,
como o pasarrúas e o pasodobre.
-E a última sala que vamos ver e a que
trata da sociedade onde podemos visualizar o tipo de vida que tiñan os galegos
nesa época como os tipos de casa e a familia, a organización territorial, a
propiedade e a herdanza e a produción e o intercambio. Tamén hai nunha furna os
traxes que levaban o noivo e a noiva no seu día de vodas , os seus costumes e
algo moi interesante como os xoguetes que utilizan os nenos na súa infancia.
TEXTO: ARIADNA JULIÁN – 3º
ESO C
IMAXES : ALAINA DÍAZ 3º ESO C
O Museo do Pobo Galego ocupa o antigo convento de San Domingos de Bonaval, situado fóra da cidade de Santiago de Compostela, na aba do Monte de Aroeira e preto da Porta do Camiño, pola que os peregrinos do camiño francés acceden a cidade do Apóstolo.
ResponderEliminarTraeme lembranzas do ano pasado, esa é unha saída moi boa.
ResponderEliminarO Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.
ResponderEliminarO Museo do Pobo Galego constitúese como un organismo ó servizo da comunidade .