Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

domingo, 25 de noviembre de 2012

Praia de Carnota


   Na costa da provincia da Coruña, cara ao sur, atópase o concello de Carnota.
   Cuns 42km. de litoral, dende O Pindo ata Lariño, conta con 33 fermosas praias e marabillosos areais.



   Hoxe, Manuel Pedre de 3º ESO-A, achéganos esta foto da praia de Carnota.
   Con forma de media lúa, chegou a ser recoñecida nunha revista xermana, coma unha das cen mellores praias.
   No corazón da mesma, a desembocadura do río Vadebois ofrece un marabilloso espectáculo na chamada Boca do Río.
   Sen dubidalo... paga a pena visitala e camiñar pola súa fina area que bica ao mar.
   Grazas Manuel.

27 comentarios:

  1. As terras carnotáns poden presumir dun gran patrimonio cultural consérvanse varios petroglifos destacando o coñecido como Laxe escrita, descuberto en 1980 por un grupo de escolares. A escultura atópase no lugar chamado "Descansadeiro",

    ResponderEliminar
  2. CARNOTA: neste municipio costeiro merece unha mención especial o seu espectacular hórreo considerado Monumento Nacional, é o hórreo máis grande de Galicia. Está construido completamente en granito e ten uns 35 metros de longo e vintedous pares de pés.
    Pedro Maceira Pajares
    1º ESO - B

    ResponderEliminar
  3. En Lira, Carnota podemos visitar Torre dos Mouros, unha enorme fortaleza con grandes muros de pedra de principios da Idade Media, recentemente investigada. Esta situada no alto do monte. Hai unhas vistas moi fermosas desde o Monte Louro ata o cabo de Fisterra. O sitio merece a pena, recomendo visitalo.

    ResponderEliminar
  4. Ricardo Torres Puebla 3B27 de noviembre de 2012, 10:43

    Encóntrase un dos maiores hórreos de toda España

    ResponderEliminar
  5. Ten mais de 7 Km. de lonxitude, está considerada como a mais longa de Galicia. Con baixamar supera os 1000 m. de anchura nalguns tramos. A zona de marismas e dunas cobixa gran variedade de aves migratorias. Recoméndase visitar pola súa boa conservacion.

    ResponderEliminar
  6. Poucos lugares poden sentirse máis orgullosos de ter praias de extraordinaria beleza, condicións e dimensións como as de Carnota. Poucas ofrecen tanta tranquilidade e ben estar coma Carnota ,a sua forma de media lua, e o ecosistema do entorno son outras sua caracteristicas tan peculiares . Aqui vos deixo outra : No corazón da praia, a desembocadura do río Vadebois ofrece un marabilloso espectáculo na coñecida como Boca do Río.
    Eu non sei coma non temos unha salida programada a ese maravilloso lugar

    ResponderEliminar

  7. A súa economía está caracterizada por un baixo desarrollo global cun claro predominio da actividade pesqueira, un alto grao de emigración no pasado e incluso no presente e a debilidade nos sectores industriais e turístico.

    ResponderEliminar
  8. Zaira López Castro 3ºC
    A súa economía está caracterizada por un baixo desarrollo global cun claro predominio da actividade pesqueira,un alto grao de emigración no pasado e incluso no presente e a súa debilidade nos sectores industriais e turístico.

    ResponderEliminar
  9. Alejandro Salgado 1ºC ESO1 de diciembre de 2012, 8:58

    CARNOTA: A praia de Carnota, según a revista "Traum Strände", encóntrase entre as cen mellores praias do mundo. Os seus sete kilómetros en forma de media lúa enamorou aos alemáns. Ademais, podemos atopar moitísimas aves migratorias e diversa flora endémica nas suas marismas e dunas.

    ResponderEliminar
  10. Eu achego esta outra:

    http://farm4.static.flickr.com/3581/3762399087_177965ea44.jpg

    ResponderEliminar
  11. hugo seoane 2ºA
    Eu fun coa miña familia este verán, a preciosa plaia de Boca Do Rio encantoume, porque pola mañá ca marea baixa se ven todas as marismas cheas de flora e fauna, e subin aun miradoiro de madeira desde onde puiden ver unhas especies únicas de aves, e pola tarde coa marea alta é unha paisaxe totalmente diferente porque se enche de piscinas. E si miras cara o monte se pode ver que na dereita o monte esta todo verde, e si miras cara a esquerda se ve que o monte é rocoso, é un contraste moi bonito.
    E tamen fun ao horreo coa miña avoa, e o que me chamou a atencion e que tivera tantas patas, ainda que eu creia que era mais grande.

    ResponderEliminar
  12. Diego Abadín Pardo 1C2 de diciembre de 2012, 11:26

    A min a praia de Carnota paréceme moi bonita,ten máis de 7 km de lonxitude de area y 5 km de praia rocosa,unha duna de area que forma ao interior unha pequena marisma,pero que entre outono e inverno acolle a colonias de distintas aves acuáticas.E ten cinco parroquias:
    1 Lariño (San Martiño)
    2 Lira (Santa María)
    3 O Pindo (San Clemente)
    4 San Mamede de Carnota (San Mamede)
    5 Santa Comba de Carnota (Santa Comba o Columba).
    En Carnota atópase un dos hórreos máis grandes de España.

    ResponderEliminar
  13. A praia de Carnota forma un espazo natural xunto co Monte Pindo o espazo natural Carnota-Monte Pindo catalogado como lugar de imprtancia comunitaria e que se atopa na rede natura 2000

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Diego Aneiros Egido 1ºC4 de diciembre de 2012, 12:37

      A praia de Carnota está situada na zona suroeste da provincia da Coruña, na comarca de Muros, nunha zona que foi poboada dende a antigüedade,dado que na zona ,existen túmulos e castros.

      Eliminar
  14. Sandra Amor Ríos 2ºB4 de diciembre de 2012, 10:49

    CARNOTA:É un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros.
    O municipio, está baixo a influencia do clima atlántico europeo caracterizado pola presencia de abundantes chuvias case todo o ano, pouca oscilación térmica e abundantes temporais no inverno.
    A súa economía, está caracterizada por un baixo desarrollo global cun claro predominio da actividade pesqueira, un alto grao de emigración no pasado e incluso no presente e a debilidade nos sectores industriais e turístico.

    ResponderEliminar
  15. cris lopez cruz once5 de diciembre de 2012, 10:43

    A praia de carnota e una de esas praias que xa non quedan. Non hai chiringuitos nin hoteis, simplemente as dunas e o mar. E fácil encontrar a xente acampando na sua caravana e do resto so oiras o vento e as olas chocando contra a area. Para ir a verla hay que ir a propósito. Non está camiño de ningún lugar en particular pero os aseguro que teredes una experiencia espiritual.

    cristina lopez cruz 3ºA

    ResponderEliminar
  16. Irene Fernández Pérez 3ºB Nº65 de diciembre de 2012, 11:46

    O municipio de Carnota está baixo a influencia do clima atlántico europeo caracterizado pola presencia de abundantes chuvias case todo o ano,pouca amplitude térmica e abundantes temporales en inverno.

    ResponderEliminar
  17. Ana Fernández 1ªA8 de diciembre de 2012, 6:43

    O estado de conservación da praia de Carnota è exemplar.Cós seus sete kilómetros de lonxitude,é a máis longa de Galicia. Con baixamar, supera os mil metros de anchura de areal nalgúns tramos. A Zona de marismas e dunas da cobixo a gran variedade de aves migratorias e flora endémica que forman un ecosistema singular.

    ResponderEliminar
  18. Jacobo Antuña Tudoli8 de diciembre de 2012, 9:08

    A s terras carnotans no só poden presumir de paisaxe, se nón que tamén contan cun patrimonio cultural amplo e variado resulta dunha rica historia. Conservanse da época prehistórica varios petroglifos de gran interese destacando o coñecido como Laxe´. Da época celta,destacar a presenza de varios castros, o meyor conservado é o castro de Mallou,a actual Lira,asentuose sobre os restos de outro castro.
    Jacobo Antuña tudoli 2ºC

    ResponderEliminar
  19. CARNOTA:Segundo a miña opinión,a praia de Carnota é unha das máis bonitas de Galicia,porque a súa forma de media lúa é fermosa e dalle un toque moi orixinal.Pero é impresionante debido a que,cos seus máis de sete quilómetros de lonxitude está considerada como a máis grande de Galicia,e con baixamar o areal supera os 500 metro de longo nalgúns tramos.
    Ademáis,a praia de Carnota forma un espazo natural xunto co Monte Pindo o espazo natural Carnota-Monte Pindo catalogado coma Lugar de Importancia Comunitaria e que se atopa incluído na Rede Natura 2000.O espazo ten unha superficie de
    4629 ha. e abrangue aos concellos de Carnota,Mazaricos,Cee e Dumbría,entra as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.
    Pero hai que ter coidado,e recordar que,a súa lagoa interior e zona de marismas e dunas dálle acubillo a unha grande variedade de aves migratorias,o que fai especialmente perigroso o deterioro ecolóxico á que vén sendo sometida nos últimos anos,foi unha das afectadas pola marea negra do PRESTIGE.
    A verdade,non me extraña que sea unha das praias máis recomendadas de Galicia.
    Sofía González Castro 1ºB

    ResponderEliminar
  20. Fabio Hernández López10 de diciembre de 2012, 11:26

    Carnota é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Segundo o INE no ano 2009 tiña 4.938 habitantes no ano 2009. O seu xentilicio é «carnotán».
    O concello ten 70,9 km2, e abrangue 5 parroquias. Ocupa unha estreita faixa costeira entre os montes da serra de Outes ao leste ( e a costa do océano Atlántico ao oeste. Limita ao norte co concello de Dumbría a través da desembocadura do río Xallas e o monte Pindo, e ao sur co concello de Muros a través da punta Lens, nas inmediacións do Ancoradoiro.
    O clima é oceánico húmido, con temperaturas suaves de 14-15 ºC anuais e precipitacións abondosas entre 1.500 e 2.000 mm anuais.

    ResponderEliminar
  21. Ariadna Julián Gutiérrrez 3ºC11 de diciembre de 2012, 10:16

    Carnota é un municipio costeiro situado na zona suroeste da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros.O seu nome podría proceder da voz procéltica "Carn"(pedra).
    Son de elevado interese os seus espazos naturais: Monte Pindo, desembocadura do Río Xallas e as Illas Lobeiras.
    A praia de Carnota ten máis de 7 km de lonxitude de area e 5 km de praia rochosa, unha duna de area que forma no interior unha pequena marisma, pero que entre o outono e o inverno acolle a colonias de distintas aves acuáticas.

    ResponderEliminar
  22. Carnota é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros.Existen mámoas e castros que indican que a zona foi poboada desde antigo. Carnota é coñecida sobre todo polos hórreos de Carnota (Monumento Nacional) e Lira, que compiten por seren os máis grandes de Galiza.
    Iria García Boo 1ºB

    ResponderEliminar
  23. Existen mámoas e castros que indican que a zona foi poboada desde antigo.
    Na Idade Media pertenceu aos condes de Trastámora e de Lemos e formou parte do antigo condado de Cornatum.

    ResponderEliminar
  24. Laura Fandiño Jovanovic16 de diciembre de 2012, 6:58

    Carnota é un municipio costeiro situado na zona suroeste de A Coruña (Galicia, España), pertenecente a comarca de Muros. Seu nome podería proceder da voz precéltica 'Carn' (pedra).O municipio de Carnota linda ao norte co municipio de Dumbría, ao noroeste cos Mazaricos, ao oeste co océano Atlántico, e ao sur cos Muros.O municipio de Carnota está baixo a influencia do clima atlántico europeo caracterizado pola presencia de abundantes choivas case todo o ano, pouca oscilación térmica e abundantes temporais no inverno e temperaturas da media de 1650 mm e a temperatura media e de 16.2 °C .//1ºB

    ResponderEliminar
  25. O municipio de Carnota ábrese o mar entre a desembocadura do Xallas e Punta Lens,ten unha praia de 7 Km de longo,as súas augas son boas para facer deportes acuáticos como o surf,submarinismo etc....Hai varios castros dos celtas o que mellor se conserva é o de Mallou,tamén se atopa o hórreo máis grande de Galicia.A xente mariñeira de Lira ten gran devoción pola Virxe dos Remedios.
    O prato típico é a caldeirada de pescados e mariscos,tamén teñen bos productos da horta.As súas xentes usan o seseo cando falan.

    ResponderEliminar
  26. Carnota tamen sufriu enormes guerras dende a guerra irmandiña(XV) ata a guerra da independencia española(XIX)

    ResponderEliminar