Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

jueves, 8 de marzo de 2012

As cubertas da Catedral de Santiago


Frío.
Ilusión.
Un pouco de sono.
Expectativas.
Non sabíamos que iamos ver tan ben a catedral, que a iamos desnudar daquela maneira. Por fóra é bonita, pero por dentro gaña mil veces ese encanto. As cabalerizas, agora vacías, sen vida. A cociña, máis arriba (polo que tivemos que subir o primeiro tramo de escalóns de todos os que iamos subir posteriormente). Na cociña, pequena e recollida, explicáronnos o que víamos: a enorme cheminea, os costumes e labores que alí se levaban a cabo, o burato que está ó carón da cheminea, por onde se arroxaban os restos de comida cara ós cabalos…
Máis escalóns, cada vez máis altos . Para que? Pois para que, en caso de ataque, chegasen moi cansos ás cubertas e non tivesen forzas para loitar.
Subimos ata o coro por unha das torres. Mmm…que cheiro a incienso…Si, na misa de hoxe pola mañá estivo o botafumeiro a funcionar. Dende o coro podemos ver perfectamente toda a igrexa, coa súa perfecta pranta de cruz latina. Impresionante xenialiadade.
Volvemos sobre os nosos pasos e seguimos subindo escalóns e escalóns.
Parece que nunca vamos chegar cando…buaaa. É precioso!  Sínteste como o rei do mundo. Todo está ó teu redor, todo o podes ver, aínda…
Máis frío; moitísimo frío.
Aínda que agora non merece a pena pensar niso, se non abrir ben os ollos e quedarse con aquelas imaxes grabadas. Vemos a Cruz dos Farrapos, onde os peregrinos queimaban as ropas non reutilizables, por causa das pestes e das enfermidades. E tódalas chemineas nos tellados, coma setas no campo. Precioso. Damos unha volta polas cubertas e pronto preguntámonos como alguén puido ter semellante idea na cabeza e plasmala daquela forma na realidade.
Máis entón…
Frío, si, máis frío.

Alicia Fuentes coa colaboración de: Iván Veloso, Raquel García, Javier Castelos, Antonio Ledo e Fernando Gómez – 3º ESO C
Preparados para entrar


Son moitas as imaxes que temos da visita, así que... non dubides en volver por aquí. Agardamos os teus comentarios.

4 comentarios:

  1. hemos entrado por primera vez en este blog del colegio y opinamos que algunas imagenes son desagradables, pero creemos que el resto está bastante bien , os agradecemos el compartir estas experiencias con nosotros
    cuatro alumnas de 1º de ESO

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polo comentario e pola vosa visita. Agardamos que sigades as entradas que vamos publicando e desexamos que vos animedes a enviarnos algo feito por vós para que o publiquemos: un debuxo, un texto, imaxes... sempre relacionados con Galicia.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. As fotos son moi boas; o texto, entretido e con calidade (en Santiago fai mooito frio), transmite unhas ganas enormes de visitar a cidade da que heredei o meu nome.
    Espero que sigais coa mesma calidade que caracteriza este blog, e un saludo a todos os seus productores. ¡Felicidades polo blog!

    P.D. Costoume, pero escribin este comentario só en galego( 1 ano sen practicar).

    Santiago Galán Játiva 3ºESO Coruña -> Oviedo

    ResponderEliminar
  4. Grazas a ti por querer compartir con todos nós as túas impresións. Esperamos, dende o departamento de galego, que continúes visitándonos.

    ResponderEliminar