Ben é certo que polo San Martiño, o 11 do mes de Santos (novembro), nas aldeas adoitan facer a matanza do porco; mais... pódese levar a cabo calquer outro fin de semana despois do 11, sempre e cando vaia moito frío.
Na aldea de Marco Antonio Álvarez Sánchez de 3ºESO-C mataron tres porcos e, grazas á súa labor de reporteiro, subimos ao noso blog algunhas das imaxes, advertindo por adiantado da dureza dalgunhas delas.
Ao porco non se lle dá de comer o día anterior, algúns din que sabe que vai morrer e por iso, golpea a porta durante toda a noite ou como outros acostuman a dar a entender: "levántase sete veces para comer ao seu dono".
Pois ben, como unha imaxe vale máis que mil palabras; aquí está todo o que lle aconteceu ao porco:
Cólgase polas patas traseiras o porco. |
Antes empregaban o coitelo, agora: méteselle un tiro na testa. |
Métese en auga fervendo e despois quítaselle a pel e límpase ben coa axuda dun soplete. |
Unha vez ben limpo por dentro e lavadas as tripas para enchelas logo cos chourizos, déixase colgado para que enfríe. |
Moi rico a hora de papar.Pero non é moi agradable velo morrer.
ResponderEliminarUn saudo
ten moi boa pinta xa me gustaria papar un deses chourizos!
ResponderEliminarDebe estar moi saboroso!
ResponderEliminaro porco logo esta moi rico,pero e moi desagradable velo morrer.
ResponderEliminar